martes, 29 de diciembre de 2015

O CAMIÑO DE SANTIAGO


Vades realizar un traballo de investigación sobre o Camiño de Santiago.
Realizaredes o traballo por parellas, cada unha encargarase de buscar información sobre diferentes aspectos do mesmo.

GRUPO 1
- Que é o Camiño de Santiago?
- Quen é o apóstolo Santiago?
GRUPO 2
- Como chegaron os seus restos a Galicia?(Lenda).
- Como atoparon os restos do apóstolo? (Lenda).
GRUPO 3
- En que época histórica apareceron ?
- Cómo era a sociedade desa época?
GRUPO 4
-Cal é o símbolo do peregrino e por que?
-Busca unha lenda relacionada con este símbolo?
GRUPO 5
- Como se pode facer o camiño e que distancia hai que recorrer como mínimo?
GRUPO 6
-Que é a credencial do peregrino?
- Que é a Compostela?
- Que hai que facer para conseguila?
GRUPO 7
- Como vestían os peregrinos da Idade Media?
- Como visten agora?
GRUPO 8
- Que teríamos que levar na mochila para facer o camiño?
GRUPO 9
- Cales eran os motivos polo que facían o camiño na Idade Media?
- Cales son os motivos polos que se fai o camiño hoxe en día?
GRUPO 10
- Cales son os camiños máis importantes?



PODEDES CONSULTAR AS SEGUINTES PÁXINAS WEB:






ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA PENÍNSULA IBÉRICA

Como xa vistes ao estudiar os ecosistemas, hai  accións humanas que modifican estes,  e polo tanto algunhas especies están en perigo de extinción.

Vades facer unha pequena investigación sobre algúns deles: o oso pardo, a foca monxe, a águia imperial ibérica, o sapo de Mallorca, a valencia hispánica e o lince ibérico.

Tedes que buscar información sobre diferentes aspectos dos mesmos:

-         Características principais de cada animal (descripción).
-         En que zona da Península se atopan.
-         Cal é o seu hábitat.
-         De que se alimentan.
-         Cales son as ameazas que sufren.
-         Buscar si hai programas ou accións que se leven a cabo para recuperalos.

A información podedes atopala nas seguintes direccións:

ÁGUIA IMPERIAL IBÉRICA




LINCE IBÉRICO





SAPO DE MALLORCA





VALENCIA HISPÁNICA





OSO PARDO





FOCA MONXE







Ao rematar de buscar información sobre o animal que vos tocou investigar, buscade imaxes e realizade unha presentación de diapositivas de ditos contidos. Cada alumno presentará aos seus compañeiros o traballo realizado.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

APRENDENDO A CLASIFICAR FOLLAS

Saíron ao patio acompañados polo profe para coñecer as árbores que hai no mesmo e recoller follas de cada unha delas, co fin de que tamén lles servise para poder identificar as árbores polas súas follas.
Secáronas, buscaron información de como se clasificaban; polo peciolo, polo limbo, polo borde...



Por último clasificaron as follas que cada un recolleu nunha ficha dada pola profe.



A HISPANIA ROMANA

Os alumnos/as de 5º estiveron investigando sobre a "Hispania romana". E o resultado da súa investigación plasmárono nos seguintes murais.


IBEROS, CELTAS E POBOS COLONIZADORES

martes, 1 de diciembre de 2015

OS ANIMAIS






Vades estudar as características e clasificación dos animais. Primeiro vades buscar no dicionario diferentes termos, que vos van servir para comprender mellor a información que tedes que buscar, algúns serían: herbívoro, carnívoro, vertebrado, invertebrado, granívoro, vivíparo, ovíparo...


A continuación teredes que buscar información para realizar unha primeira clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados (facer un esquema).


O seguinte paso é buscar cales son as principais características de cada tipo de animais vertebrados. Con esta información faredes un mural.


Por último, cada alumno elixirá un animal invertebrado e realizará una ficha sobre o mesmo, en formato dixital.


PODEDES ATOPAR A INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES: