miércoles, 5 de agosto de 2015

A HISPANIA ROMANA



Recorda: A Historia é o periodo comprendido entre a aparición da escritura, fai aproximadamente 5000 anos, e a actualidade.
Observa a seguinte liña do tempo. Vamos a investigar sobre a Idade Antiga.









A HISPANIA ROMANA
Que sabedes sobre a Hispania romana? (Cada alumno dará a coñecer aos compañeiros o que coñece sobre este tema).

Os romanos conquistaron a Península Ibérica fai mais de dous mil anos e chamáronlle Hispania. Para que saibades como ocorreu e que consecuencias tivo na forma de vida dos ocupantes da península vades a facer o seguinte traballo:


PRIMEIRA PARTE DO TRABALLO
Vádesvos  convertir en exploradores e investigar que pobos había na península antes de chegar os romanos. Para iso teredes que encontrar a resposta a cada unha das seguintes preguntas:



PREGUNTAS:
Que dous pobos habitaban a Península no primeiro milenio a. C.?
Que pobos chegaron despois?
Por que parte da Península se extendían os iberos?
Onde vivían? Como eran as súas casas?
A que se adicaban?
Que parte da Península ocupaban os celtas?
Onde vivían? Como eran as súas casas?
A que se adicaban?
Cales eran os pobos colonizadores?
De onde viñan e cando chegaron a Península?
A que se adicaban?
En que parte de Península se instalaron?

Podedes atopar a información para respondelas  nos seguintes enlaces:










Despois de contestar as preguntas no voso caderno, escribiredes un texto expositivo   sobre os iberos, celtas  e pobos colonizadores coa información que atopastes.

Buscade imaxes sobre os seus poboados , imaxes do mapa da Península coa situación dos diferentes pobos,restos dalgún castro…

Por último faredes unha presentación de diapositivas con dita información.





SEGUNDA PARTE DO TRABALLO








Unha vez que descubristes que pobos ocupaban a Península e a que se adicaban, vades buscar información sobre a conquista romana nos seguintes enlaces:







Faredes seis grupos. Cada grupo investigará sobre un dos temas seguintes: 

-          Primeira fase da conquista romana de Hispania.
-          Segunda e terceira fase da conquista.
-         Organización territorial de Hispania.
-         A sociedade romana.
-         Arte romana (murallas, calzadas e vías ,pontes).
-         Arte romana (acueductos, termas, teatros e anfiteatros).





Despois de recoller a información, buscaredes imaxes para ilustrar o que cada grupo traballou,  faredes un texto expositivo sobre o mesmo e plasmarédelo nun documento escrito no ordenador ou ben  nunha presentación de diapositivas (Cada grupo pode elixir o formato do traballo).