viernes, 7 de abril de 2017

ROTEIRO ESCULTÓRICO

O roteiro comezou no Parque Miño, onde hai unha representación escultórica de cada un dos escultores traballados no proxecto ( Baltar, Buciños, Acisclo, Antonio Faílde, Luis Borrajo, Ramón Conde e Xosé Cid). A continuación percorreron as rúas de Ourense para ver outras esculturas e remataron coa visita ao Belén de Baltar.

TRABALLANDO CO PLANO DA CIDADE


Por parellas traballaron sobre un plano da cidade. Fixeron unha lenda, elixindo unha cor diferente para as obras de cada escultor traballado, a continuación con gomets de cores situaron as diferentes esculturas que hai na cidade e por último colorearon o itinerario que seguirían para velas.

TRABALLO ALUMNOS- ANTONIO FAÍLDE

TRABALLO ALUMNOS- LA ESCULTURA

viernes, 3 de febrero de 2017

ESCULTOR: ANTONIO FAÍLDE

Como xa vos informastes sobre que é a escultura, tipos e técnicas; agora vades a facer un pequeno traballo de investigación sobre algúns escultores ourensáns.
Comezaredes polo escultor Antonio Faílde.
Buscaredes información sobre:
- Onde e cando naceu.
- Infancia.
- Como se iniciou na escultura.
- Estudos.
- Exposicións.
- Temática da súa obra.
- Lugares onde se atopa a súa obra.
- Esculturas del en Ourense.

PODEDES ATOPAR INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Fa%C3%ADlde

http://www.laregion.es/articulo/ourense/antonio-failde-fuerza-piedra/20080104092749038125.html

http://www.mercedesgallego.es/index.php/articulos/74-el-mural



miércoles, 14 de diciembre de 2016

LA ESCULTURA

Vades facer un traballo de investigación sobre a escultura.
Tedes que buscar información sobre que é a escultura, que materiais se poden empregar, tipos de esculturas que hai e as técnicas e ferramentas que se utilizan.
A continuación tedes uns enlaces a vídeos que vos poden axudar con este traballo.