Recorda: A Historia é o periodo comprendido
entre a aparición da escritura, fai aproximadamente 5000 anos, e a actualidade.
Observa a
seguinte liña do tempo. Vamos a investigar sobre a Idade Antiga.
A HISPANIA ROMANA
Que sabedes sobre a Hispania romana? (Cada alumno dará a coñecer aos
compañeiros o que coñece sobre este tema).
Os romanos conquistaron a Península
Ibérica fai mais de dous mil anos e chamáronlle Hispania. Para que saibades
como ocorreu e que consecuencias tivo na forma de vida dos ocupantes da península
vades a facer o seguinte traballo:
PRIMEIRA PARTE DO TRABALLO
Vádesvos convertir en exploradores e investigar que
pobos había na península antes de chegar os romanos. Para iso teredes que encontrar
a resposta a cada unha das seguintes preguntas:
PREGUNTAS:
Que dous
pobos habitaban a Península no primeiro milenio a. C.?
Que pobos
chegaron despois?
Por que
parte da Península se extendían os iberos?
Onde vivían?
Como eran as súas casas?
A que se
adicaban?
Que parte da
Península ocupaban os celtas?
Onde vivían?
Como eran as súas casas?
A que se
adicaban?
Cales eran
os pobos colonizadores?
De onde
viñan e cando chegaron a Península?
A que se
adicaban?
En que parte
de Península se instalaron?
Podedes atopar a información para
respondelas nos seguintes enlaces:
Despois de contestar as preguntas no
voso caderno, escribiredes un texto expositivo sobre os iberos, celtas e pobos colonizadores coa información que
atopastes.
Buscade imaxes sobre os seus poboados
, imaxes do mapa da Península coa situación dos diferentes pobos,restos dalgún
castro…
Por último faredes unha presentación
de diapositivas con dita información.
SEGUNDA PARTE DO TRABALLO
Unha vez que
descubristes que pobos ocupaban a Península e a que se adicaban, vades buscar
información sobre a conquista romana nos seguintes enlaces:
Faredes seis
grupos. Cada grupo investigará sobre un dos temas seguintes:
-
Primeira
fase da conquista romana de Hispania.
-
Segunda
e terceira fase da conquista.
-
Organización
territorial de Hispania.
-
A
sociedade romana.
-
Arte
romana (murallas, calzadas e vías ,pontes).
-
Arte
romana (acueductos, termas, teatros e anfiteatros).
Despois de
recoller a información, buscaredes imaxes para ilustrar o que cada grupo
traballou, faredes un texto expositivo
sobre o mesmo e plasmarédelo nun documento escrito no ordenador ou ben
nunha presentación de diapositivas (Cada grupo pode elixir o formato do
traballo).